Páginas

domingo, 11 de junio de 2017

HONORATO, O RATO NAMORADO

Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do Sol....A cor negra para falar das guerras, a cor gris para falar do inverno e a cor vermella para falar...para falar de amor! Si, porque Honorato está namorado: e de quen está namorado?...

Nós xa o sabemos. Gustounos moitísimo o libro, aprendimos moitas palabras, moitos poemas e fixemos un mural no que escribimos palabras de cores e tamén o poema máis bonito que lle dedica a Lúa. Aquí está o vídeo e o mural de clase con  todo o traballo que fixemos con Honorato.