En Ciencias Sociais estamos investigando sobre a nosa contorna, o noso barrio. Despois de ver planos levamos a cabo unhas maquetas, por equipos, que levaron uns días de inmenso traballo. Hoxe puidemos expoñelo e o resultado é fantástico! Temos a exposición no corredor da nosa clase.