Páginas

jueves, 21 de marzo de 2019

POEMAR O MAR

Despois de moito traballo durante este trimestre temos un magnífico resultado.
Estivemos lendo o libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro. 
Mergullámonos nos seus versos día tras día, ata quedar abraiados coa fermosura das palabras e da poesía que trasmite o autor. Memorizamos poemas, os escribimos, inventamos os nosos propios, debuxamos coa técnica do ilustrador Xan López e plasmamos todo nun gran mural na nosa clase. Levounos tempo, pero mereceu a pena.



Estamos entusiasmados agardando a visita ao noso centro de Antonio G. Teijeiro, que será dentro duns días.
É unha sorte e un privilexio poder contar con él, escoitar rimas e desfrutar da súa arte.
Esta semana foi premiado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por "Poemar o mar". 







Aquí está un anaco do voso traballo. Pincha no vídeo:




Aquí están os poemas recitados por vós: