Co motivo do 8 de marzo, día da Muller Traballadora, investigamos sobre mulleres representativas de diferentes ámbitos e traballos. Na Biblio do cole limos libros e escollimos mulleres magníficas e fantásticas.
Ademáis, participamos nunha actividade proposta desde a Biblio:
"Buracos en Feminino".
Escollimos a Serena Williams (tenista estadounidese e medallista olímpica), para meter nun bote a súa biografía e obxectos representativos. O noso desexo é que perdure no tempo, gardala coma se fose un tesouro e mostrar ó mundo que é unha muller extraordinaria e un exemplo a seguir para non rendirse nunca.