Páginas

sábado, 11 de marzo de 2017

SAÍDA ESCOLAR

Este mércores tivemos unha saída escolar ao Auditorio Teatro Afundación de Vigo. Desfrutamos dun espectáculo do grupo musical galego Mamá Cabra coa obra Paxaro amigo, Músicas para a paz.
A través da música descubrimos que un mundo mellor é posible. A protagonista do conto é unha bruxa ruín que cre que a paz lle produce comechón por todo o corpo, polo que crea discordia alá por onde vai.  Mais, descobre que iso non é así, que a paz a temos todos dentro de nós,  e que xuntos podemos  ter paz no mundo. Tamén aprendimos que os bicos, os abrazos e as palabras bonitas son fundamentais nas nosas vidas. Rematamos a actuación facendo entre todos un conxuro: 
"que haxa paz en todo o mundo..e que non quede unha guerra..sobre a faz da Terra...."

Xa sabedes...É fenomenal levarse xenial!

Encantounos a obra, o pasamos de maravilla, gustounos tanto que queremos repetir nas súas próximas obras e espectáculos. Déixovos o enlace a páxina web do grupo pinchando AQUI e ao blog pinchando AQUI por se queredes investigar máis sobre as actuacións e cancións deste fantástico grupo.

Ahora, desfrutade deste vídeo da actuación. Que ben o pasamos!