Páginas

jueves, 7 de mayo de 2020

XOVES 7 DE MAIO

Bos días! Que tal estades? Hoxe imos repasar a poesía, lembrades? Lede con atención e con entoación axeitada. Imos a traballar un poema do libro.

Páxinas 56 e 57: Lemos o poema sobre O río. Igual non coñecedes varias palabras, devagar é despacio, é como vai o río, con calma, sen présa. Cando dí que as troitas semellan perlas de prata nos imaxinamos o brillo deste peixe coma se fose de color gris como a prata. Cando pon o poema que baixa a aba do monte quere dicir que está na parte inferior do monte, na parte baixa. E por último, fervenza significa cascada en castelán. Con todo isto podedes entender o poema e seguro que vos encantará. Logo respondedes os exercicios. No exercicio número 4 necesitades pegar a imaxe que está ao final do libro.

Páxinas 60 e 61: Lemos o texto sobre A Fervenza do Ézaro. Como vedes é un espectáculo marabilloso e está en Galicia. Desemboca nela o río Xallas e chega ao Océano Atlántico. Contestade ás preguntas e logo vede o seguinte vídeo desta fervenza:



Caligrafía: 1 páxina con moi boa letra.

Lectura de Lingua Galega durante 20 minutos. Déixovos este conto tan divertido, "A casa da Mosca Chosca":