Bos días! Que tal estades? Hoxe facemos algo de libro, descubriremos cousas moi curiosas sobre as montañas e os seres vivos que habitan nelas. Antes de comezar, vemos o seguinte vídeo:
Páxinas 88 e 89: Como son as montañas? Observamos a imaxe e contestamos as cuestións.
Páxinas 90 e 91: Descubrimos os seres vivos das montañas. Aprendemos os nomes dos animais que viven nas montañas e as súas características.
Lectura de Lingua Galega durante 20 minutos. Lemos o libro VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO, os poemas das páxinas 26 e 27. 👍Sigo recibindo debuxos de galos de Calero súper chulos. Aquí están os de Carmen e Sabina. Bo traballo!