Páginas

martes, 12 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS

Bos días! Que tal estades? Hoxe imos traballar un día moi importante para nós, os galegos:
 O Día das Letras Galegas. 
É este domingo, o 17 de maio,  e é unha gran festividade en Galicia. Celebramos que temos unha lingua propia, o galego. Vouvos contar un pouquiño máis:

Hai moito tempo, máis de cen anos, houbo unha muller marabillosa que lle encantaba escribir. Chamábase Rosalía de Castro. Facíao moi ben, escribía en galego e publicou o libro CANTARES GALLEGOS. Foi un libro moi, moi importante e moi atrevido naquela época na que estaba prohibido falar en galego. Ela era unha valente! Grazas a Rosalía celebramos este día tan importante para todos os galegos, orgullosos de ter unha lingua propia que forma parte da nosa vida, da nosa cultura e tan bonita como é o GALEGO.
Para festexar esta festa, cada ano,  lembramos un autor ou autora que adicaron a súa vida a escribir historias en galego. Este ano conmemoramos a RICARDO CARBALLO CALERO.



  • Para saber quen foi Ricardo Calero, o autor deste ano, pinchade AQUÍ 

  • Para averiguar sobre este autor tedes este xogo de investigación: pinchade en CALERO



Calero escribiu un libro para os nenos e as nenas: AS PITAS BAIXO A CHOIVA:



Vídeo adicado a  ROSALÍA DE CASTRO: "Rosalía pequeniña":