Páginas

lunes, 20 de abril de 2020

LUNES 20 DE ABRIL

Bos días! Que tal estades? Hoxe é luns, lembrade a asamblea que facemos os luns en Lingua Galega. Podedes falar cos vosos familiares en galego para practicar e lembrade ler tódolos días. Hoxe imos traballar un pouco de libro sobre as chairas (llanuras), pero antes vede este vídeo:



Páxinas 22 e 23: Vemos nas fotografías as chairas (llanuras). Lembrade que o vimos na primeira lámina ao comezo do libro, son terreos chans (llanos). Nalgunhas chairas hai ríos e,  para aproveitar a auga dos ríos, as persoas plantan e cultivan para poder comer, son os cultivos. Ao lado dos cultivos vive a xente formando as poboacións (vilas, cidades...)

Páxinas 24 e 25: Traballamos os animais que viven nas chairas. Vemos diferentes tipos de chairas dependendo da zona do planeta: pode ser unha chaira africana, no polo norte, no medio do deserto...Tedes que poñer as pegatinas de cada animal onde vive, xa está o nome escrito para non confundirvos. Na páxina seguinte tedes que clasificalos según teñan o corpo cuberto de pelo, naden, anden, coman plantas...

Matemáticas: 

Cuenta de 5 en 5

Lectura de Lingua Galega durante 20 minutos