Hola chicos y chicas! Que tal estáis?
Preparados para una nueva semana?
Vaaaaaamos!
Páxinas 196 e 197: Lemos o poema As Dunas. Lembrade que na clase xa falamos das Dunas de Corrubedo, que son montañas de area que cambian porque as move o vento. Intentade memorizar o poema.
Páxina 198 e 199: Traballamos os artigos, que son palabras que acompañan aos nomes. Poden ser en singular cando é unha soa cousa, ou en plural cando son varias: por exemplo: o elefante, os elefantes, a mesa, as mesas, o libro, os libros....Os artigos tamén poden ser en masculino ou en feminino: o neno, a nena, a mazá, o paraugas...
Tamén traballamos as palabras con Q (que, qui), e con C (ca, co, cu).
Páxinas 200 e 201: Queremos máis desertos? Nestas páxinas traballamos o coidado do planeta, a importancia de aforrar auga, plantar árbores, evitar incendios e a reciclaxe. Deixo uns vídeos sobre este tema:
AS 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar:
Canción sobre a reciclaxe:
Lectura de Lingua Galega durante 20 minutos.