Páginas

jueves, 7 de noviembre de 2019

CONTACONTOS

A semana pasada tivemos un contacontos da campaña Impórtanos! É unha campaña de sensibilización promovida polo Concello de Vigo que ten como obxectivo principal o de promover a reflexión conxunta dun mundo máis xusto e sustentable.  
A sesión "Pegadas de conto" achega os contidos e enfoques da Educación para o Desenvolvemento e da Cidadanía Global nos primeiros cursos de Primaria. 

Para elo, Bea Campos narrou as historias dos contos: Nadarín, Daniela Pirata, Cuando el hielo se derrite, La otra orilla. Para acompañar os relatos deleitounos Manuel coa súa guitarra. O pasamos moi ben e pensamos en todas as mensaxes que transmiten os personaxes destes contos. 
Grazas ao Equipo de Biblioteca do centro por organizar esta actividade.

Vídeo do contacontos: